As Rulas De Bakunin
Escrito por Anton Riveiro Coello
Publicado por la editorial Galaxia
Guerra Civil e anarquismo nunha novela histórica magnificamente narrada e con 4 edicións vendidas. Unha novela que como di o seu autor «me permitiu vivir outras vidas». As rulas de Bakunin nace do gromo da sensibilidade dos derrotados e os perdedores. Antón Riveiro Coello, un dos escritores galegos actuais de meirande pulo narrativo, fai con esta novela un acto restitutorio e tamén de rebeldía. Recuperar a memoria dos heroes silenciosos que loitaron pola liberdade: velaquí a vida de Camilio Sabio Doldán, un vello anarquista case centenario que viviu a guerra, o cárcere e o exilio. O temor intenso das paisaxes do pasado nunha novela que conmove e impresiona.